off
Europa, Politica internacional — 14 Novembro, 2015 at 12:42 p.m.

O Estado Islámico reivindica a masacre de París

by

Alomenos 127 mortos en varios ataques desta sexta-feira á noite. Sete dos terroristas inmoláronse e o octavo abatido pola policia. 


 

Os oito terroristas implicados actuaron en 40 minutos nun radio  20 quilómetros. Este ataque é o “comezo da tempestade” e foran planexados “minuciosamente con antelación” afirma a reivindicación do Estado Islámico. François Hollande define os atentados como un “acto de guerra” do EI e ve na masacre un ataque ás liberdades, avisando de que haberá unha reacción “con todos os medios”.

[dailymotion]http://www.dailymotion.com/video/x3dqzx9_images-de-la-fusillade-au-bataclan_news[/dailymotion]

Berros, prantos e carreiras  na fuxida desesperada das persoas que asistian ao concerto da sala Bataclan de París onte á noite. 90 mortos nun dos ataques.

Daniel Psenny, un xornalista de  ‘Le Monde’  – que ficou ferido nun brazo- rexistrou desde unha xanela do edificio do lado un video dese momento no que se ve aos espectadores saindo por unha calexa, algúns deles feridos e outros pendurando da  fachada.

One Comment

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off