
Volveu repetirse na segunda votación. A CUP veu “necesaria mas insuficiente” a oferta de Mas e volve votar ‘non’ á investidura. Os partidos non-independentistas censuran que ocandidato de Junts pel Sí que “subaste” a residencia da Generalistat, entanto a CUP acha insuficiente a posibilidade dun Govern colexiado e unha moción de confianza ao final do primeiro período de sesións. Tampouco albiscar un escenario plausibel o das eleccións anticipadas.
A Assemblea Nacional Catalana (ANC) fai un chamado (Governem-nos Junts’) a desblocar a investidura
A ANC entrada en cena ao convocar unha mobilización o domingo, acrescentando presión social á negociación entre Junts pel Sí e a CUP para forzar o acordo. A CUP reafirmouse en rexeitar un goberno coral con Mas de presidente.
Mudar o nome do candidato á presidencia é “solución” irrenunciabel da CUP
Para desenguedellar o debate, a CUP convocou para o domingo 29 unha xornada de debate nacional arredor da investidura do presidente da Generalitat. A presidenta do Parlament, Carme Forcadell, anunciou que abrirá unha nova rolda de consultas para escoller de novo o candidato á presidencia da Generalitat.
