5.000 máis do que admite Mariano Rajoy. Veñen a ser o 83% do que costou a T-4 de Barajas.

O déficit español acadará un 4,7% (cinco décimas más do permtido) e ano que vén será do 3,6% (oito décimas por riba do límite). A previsión de Bruxelas implica que España fechará o exercizo gastando 47.000 millóns máis do que ingresará, quer dicer, 5.000 máis do que admite o goberno de Mariano Rajoy.Estes 5.000 millóns veñen a ser o 83% do que costou a T-4 de Barajas.
A revisión á baixa do PIB admitda polo Instituto Nacional de Estatística e o anuncio de que o Ministerio de Facenda engadirá ao déficit os 1.500 millións de contractos en Catalunya e Zaragoza do ano 2013 son algunhas das causas o agoiro europeo.
Na práctica poden significar novo recortes e mudanzas nos orzamentos. Así se pronunciou o comisario de Asuntos Económicos e Monetarios Pierre Moscovici. Asemade, a CE acredita que o estado español medrará 3,1% este ano, fronte ao 3,3% anunciado polo goberno de Rajoy. Bruxelas alerta dunha desaceleración de dous anos, cun crecemento entre o 2,7% e o 2,4%.
O desemprego segue a ser a pedra de tropezo da economía española e non baixará do 20% en 2015 malia as mensaxes trunfalistas do goberno Rajoy.
O estado español mantense como segundo país con máis desemprego após Grecia. O paradoxo é que España é lider en crecemento de ocupación a un ritmo do 2,8% e debalará en 2016 e 2017 a 2,5% e 2%. Nesta análise, a CE engadiu o impacto que ten a chegada de refuxiados ( 3 millóns nos próximos dous anos) nas economías para desmitificar os denominados “perxuizos estabelecidos”, sendo o impacto positivo, cun crecemento do 0,2% e 0,3% do PIB até 017.
En plena xeira eleitoral, promesas. Porén, o goberno que saia do 20-D deberá defrontar deberes e marxes para cumprir cos obxectivos do déficit, repetindo mais unha vez o que xa fixeron por tres veces non hai moito. De non haber moratoria nin clemencia a sanción a quen non cumpre o déficit é do 0,2% do PIB.
