off
Música, Vídeos — 4 Novembro, 2015 at 7:52 a.m.

Só, tema de Lobos segundo disco como solista de Davide Salvado

by

O de Marín, cantante da Banda das Crechas  que coñeceramos contra 2004 de brazo dado da grande Ugia Pedreira no vinilo Ecléctica Ensemble, xunto a Ramom Pinheiro e Richard Rivera, vén de apresentar Só. Un tema inxerido en Lobos (2015), o seu segundo traballo como solista arroupado por Santi Cribeiro. Salvado non para, en febreiro participaba no proxecto Rústica canda Cristina Pato,  Anxo Pintos e Roberto Comesaña.

O intranquilo cantante que canta mansiño entende a música de noso dun xeito anovado, na xeira aberta entre outr@s por Pedreira, Marful e o propio Cribeiro de Berrogüetto,  onde ecoan ensarilladas as fasquías sonoras da música vocal galega, Bjork ou Veloso. A música xerada en Galiza continua expandindo o seu universo.

[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=bW45RfX57Sc[/youtube]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off