off
Galiza, Opinião, Política, Politica espanhola — 31 Outubro, 2015 at 7:54 p.m.

Terrorismo tamén é desafiuzar e non chegar a fin mes

by

Terrorismo é...OLLAPARO

Simulacra. O PP sube o tono. O penultimo servizo de Jorge Fernández Díaz de cara as elecciones xerais (ministro do Interior, representante da fasquia mais a dereita do goberno Rajoy e  por cuarta vez cabeza de lista do PP en Calalunya ) vén reeditar o vello recurso ao medo da “ameaza terrorista” que tan bos rendimentos lle ten dado ao duopolio-bunquer durante o conflito basco, mentres no campo de batalla da realidade se destruen servizos sociais e aliméntase  a corrupción. E de paso, mentras se fala dos insurreccionistas de RG e dos anarquistas de Sants non se fala doutra cousa. A incerteza do proceso independentista catalá, nomeadamente,  está a dar as primeiras respostas dunhas oligarquías  afeitas a seren potencia hexemónica e que mal aturan o imprevisibel. Repárese que a única acusación é a de “enaltecemento do terrorismo” por teren organizado  os nove detidos un acto público en Vigo o pasado 11 de outubro con motivo do Día da Galiza Combatente (xornada que a esquerda independentista leva comemorando desde o 2002). Hai ben pouco o  propio Fernández Díaz afirmara  “Catalunya seria terreo adubiado para os terroristas”. As hemerotecas son abondosas en declaracións nas que tanto dende o PP como dende o PSOE agroman en comparacións do soberanismo co nazismo. Coincidencias coincidentes e ningunha rapeta direccionada a apañar fascistas. O inconscente político e súa cartografía cognitiva, o simbólico,  comparecen de xeito transversal en prolifica simulacra, quer en entrevistas, quer en debates e series televisivas de fasquía pseudohistórica. O que fai a notícia, porén, non é a nova mas o espectáculo da notícia. Con certeza, a representación semella máis real do que a vivencia, afirmaba Guy Debord.

O independentismo  só é legal se perde. Mesmo nun parlamento autonómico como o galego no que a maioría pensa o contrario,  no estado español o recurso a resucitar os pantamas do terrorismo é un leitmotiv  das politica electorais,  mesmo cando non é  unha ameaza efectiva. Porén, o que non encaixa quérese arranxar coa letra dunha lei represiva ou coa criminalización das ideas e do pensamento. É a diferencia fulcral que hai entre autoritarismo e liberalismo. Que o PP teña aprobada a lei mordaza mostra a degración moral á que chegou unha parte da sociedade española – mentres a outra parte fica atordoada- aceptando restriccions á liberdade de expresión, en especial en referencia a quen cuestiona o actual reparto de poder territorial.

Mas os eventos consuetudinarios que acontecen a rúa– chámense proceso cara unha república catalá ou candidatura galega- mínanlles un imaxinario colectivo que queren único malia non ser partillado por milleiros de cidadáns e sobre o que teñen o control político. A lei mordaza suma, resta …mas non é un test de empatía. Laminados os dereitos de manifestación, reunión e  expresión, tres dos dereitos políticos fundamentais, as conviccións liberais u-las?  Porque unha cousa é combater ideolóxicamente o independentismo e outra é punir e criminalizar as ideas e o pensamento. Un reflexo da ideoloxía do goberno que a promoveu, a do status legal por riba de calquer outra consideración: legalismo ideoloxico como receita para todo. Nulo status moral, o do autentico cosmopolitismo, que entre outras cousas obriga ao respeito democrático. Mais velaí que xa serviron os dous pratos que formarán o menú eleitoral, dous xeitos de propagación do medo e da incerteza, a”ameaza terrorista” e a sacrosanta “unidade de España” para precipitalos ao mesmo tempo sobre as consciencias e as vidas das persoas.

Retroalimentando.Noentanto Rivera e Iglesias xuntos con Rajoy na Moncloa non fan mais que falar da “nación española”(ainda que os nacionalistas sempre son os outros, os que non teñen estado de seu).Verbo da reunión co P.Iglesias, Rajoy afirmou que con el partilla a idea “da unidade de España, a soberania nacional e o respeito á lei”. A resolución de IxU e da CUP acendeu alarmas xerando un movemento que alimenta o entendemento PP-C’s, reubica Podemos  e fai mal ao PSOE. Os catro xuntos teñen moita capacidade de amnesia.

[youtube]https://youtu.be/xlhfJujxF4w[/youtube]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off