O texto está aberto á adhesión doutras forzas políticas

Os grupos parlamentares de Junts pel Sí e a CUP rexistraron unha proposta de declaración que sirva para marcar o comezo da lexislatura. O texto está aberto ás emendas e a adhesión doutras formacións políticas do Parlament,e votarase nun Pleno extraordinario antes da investidura.
Junts pel Sí i la CUP constatan que” o mandado das urnas do pasado 27 de setembro obriga a traballar por un estado independentes baixo a forma de república, e que os pasos terán de ser rexos, sen supeditación ás institucións políticas ou xurídicas do Estado español”.
A proposta valora que “cómpre sumar neste horizonte político a todas as forzas políticas e sociais que defendan a obertura dun proceso constituinte cidadá, participativo e aberto”
As dúas formacións soberanistas chegaron a este primeiro acordo e continuan traballando arredor dos contidos concretos da rutura democrática, do plano de choque contra a pobreza e do proceso constituinte.
A declaración vén constatar o programa apresentados o pasado 37 de setembro polas dúas forzas políticas, co obxectivo de que Cataluña torne un estado independente. Unha ampla maioría soberanista en votos e escanos que aposta pola obertura dun proceso constituinte non subordinado e sob a forma de república. Tamén se insta ao futuro goberno a adoptar as medidas que se precisaren para facer efectivas estas declaracións, ao considerar acaído encetar no termo máximo de trinta dias a tramitación das leis de proceso constituinte, de seguridade social e de facenda pública. Reitera que este Parlament e o proceso de desconexión democrática non se supedita ás decisións das institucións do Estado español, en particular do TC, a quen considera deslexitimado e sen competencia por mor da sentenza de xuño de 2010 sobre o Estatut d’Autonomia de Catalunya, votado previamente polo pobo en referendun, entre outros. Finalmente, declara a vontade de comezar negociacións e pono en coñecemento do Estado, da UE e da comunidade internacional, instando asemade a cumprir exclusivamente aquelas normas ou mandados emanados desta Cámara, lexítima e democrática, co fin de blindar os dereitos fundamentais que poidan estar afectados polas decisións das institucións do Estado español.
