Carnota: Hórreo de Carnot,Compostela: Pazo de Raxoi (Obradoiro),A Coruña: Fonte de Catro Camiños,Carballo: O Artiluxio (escultura da rotonda de Vila de Negreira),Ferrol: Casa Consistorial (Praza de Armas),Fisterra: Castelo de San Carlos,Lugo: Muralla de Lugo (A Mosqueira), Pontevedra: Casa Consistorial, Vimianzo: Castelo de Vimianzo, son os participantes confirmados
Alumearan de verde esta noite en apoio da declaración do Monte Pindo coma Parque Natural. Unha reivindicación que o sábado 17 de outubro cumprirá 5 anos de existencia.
“Unha chamada de atención á Xunta para que dunha vez se aveña á súa protección e desenvolvemento sostible”, afírmase dende a Asociación Monte Pindo Parque Natural
Na soleira do 5º aniversario da fundación da Asociación Monte Pindo Parque Natural, alargarase por todo o país unha onda de solidariedade coa loita do Olimpo Celta. oitas cidades e concellos vestiranse de verde para impulsar a declaración do Monte Pindo coma Parque Natural, reivindicación que o sábado , nos que a Xunta deu portazo unha e outra vez a unha iniciativa que conxugou un consenso inédito de sociedade (73,3% de apoio), ciencia (30 expertos) e entidades(174).

















