O GreloFolc, que se desenvolverá o vindeiro sábado 17 de Outubro no concello de Monfero, achega unha programación musical ben diversa a partires das 22:00 con Mini e Mero, Zoadeira, Sacha na horta, DjMouriño e sesión vermut con Troba do Bugallo. Aliás, a xornada comezará para os máis novos contra das 18:00 con Nabiciña, concerto infantil con Chuches Amil, merenda e xogos populares.


















