off
Economía, Globalização, Movementos sociais, Politica internacional — 2 Outubro, 2015 at 10:16 a.m.

Unha nova mobilización global contra os tratados de libre comercio e investimento

by

TTIP Galiza,A cidade de Vigo encabezará, o vindeiro 10 de outubro, as mobilizacións en contra dos tratados de libre comercio que se celebrarán en Galicia, no marco da Semana de Acción Global que terá lugar do 10 ao 17 de outubro en centos de cidades de todo o mundo. Baixo o lema Comercio en beneficio do pobo, non das multinacionais, a manifestación partirá da Praza da Independencia ás 20.00h., e pasará pola Praza de América ata o Parque de Castrelos, onde se rematará coa lectura dun manifesto.

Esta nova movilización terá lugar, simultáneamente, en diferentes cidades de distintos países do mundo, nas que a cidadanía sairá á rúa para mobilizarse en contra do TTIP, CETA, TISA e TPP, e en prol da igualdade, os dereitos sociais e laborais, a defensa ambiental e a democracia real.

Toda a información sobre esta movilización, e sobre a campaña Non ao TTIP Galiza, está disponible na páxina web http://nonaottip.96.lt/, na que quedarán recollidos os principais eventos e datos da campaña, así como os colectivos asinantes da mesma.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off