Após quince anos do caso de Ramón Sampedro, Galiza volve ser escenario do debate sobre as limitacións existentes no Estado espñaol para aplicar a eutanasia e o suicidio asistido. A Asociación Dereito a Morrer Dignamente pide mudar a lei e despenalizar a eutanasia.O PP, porén, nega que sexa necesario mudar a lei

Antonio Lago e Estela Ordoñez pediron unha morte digna para a súa filla, ingresada no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela cunha doenza neurodexenerativa incurabel, incapaz de falar ou moverse por si mesma dende hai anos e alimentada de forma artificial.
“Só pedimos que a deixen marchar dignamente”
Os seu pais pediron a “morte digna” para a nena Andrea Lago logo de indignarse pola negativa do centro hospitalario de retirarlle o soporte vital, ameazando con levar a xuizo o caso ao enxergar que a decisión da equipa médica atenta contra os preceptos da lei de autonomía do pacente, aprovada no 2002 e que outorga o dereito aos doentes ou aos seus representantes legais a dedidir entre as diferentes opcións clíncas e a negarse a receber un tratamento.
No trasfondo do acaso hai un dictame do Comité de Ética da Xerencia de Santiago que lle dá a razón aos pais ainda que o servizo médico do hospital alega que o documento non é vinculante- como todas os itinerarios de accións posibel que adoitan propor ou ditaminar os comités de ética por iniciativa propia ou a vontade dun particular- e que, en ningún caso, hai prolongación terapéutica innecesaria.
Ainda que os pais non pediron explícitamente a eutanasia, mas a retirada do soporte tival que a mantén con vida, veñen de alertar que desde hai un ano a menor empiorou xa que o tratamento actual prodúcelle un padecemento desnecesario e non tolera ben os alimentos o que está a alargar a agonia da nena. Hogano defenden, cando ainda teñen “conexión” con ela, que o seu criterio sexa atendido porque a lexislación os ampara.
O debalo legalista
O hospital informou que remetera o caso ao xuiz por segunda vez despois de ter sido autorizado en xullo o tratamento que recibe na actualidade. Como pode ser que malia as recomendacións do Comité de Ética soerguendo a petición da familia, non se garanta a morte digna dunha paciente terminal acabando o asunto nun xulgado para que este decida?
Luis Montes, presidente da Asociación Dereito a Morrer Dignamente xa comunicou a solidariedade cos pais de Andrea, considerando tamén que se trata dun caso “puramente ideolóxico”.
Como xefe de urxencias do Hospital Severo Ochoa, Montes enfrontouse a unha denuncia da Comunidade de Madrid gobernada por Esperanza Aguirre pola suposta sedación masiva de doentes terminais- o xuiz absolveuno de todos os cargos-, laiándose que casos como estes adoitan ser habituais e, por esta razón, é necesaria unha reforma legal que permita despenalizar a eutanasia e o suicidio asistido. De haber razóns médicas par alargar a vida de xeito artificial habería que explicalo moi ben e non perseverar no encarnizamento terapéutico.
Ningún procedimento médico pode farcese sen consentimento informado. Andrea sen sabelo está ser centro dun debate onde a fronteira legal está no artigo 143 do Código Penal. As lexislacións autonómicas non poden mudar ese artigo e, portanto, as ferramentas máis efectivas terían sido formar aos profesionais na correcta aplicación de curas paliativas e evitar o padecemento. Porén, a capacidade do pacente para negarse a receber un tratamento está amparada dende 2002 coa lei de autonomía do pacente na que este pode decidir libremente entre as difentes opcións clínicas e negarse a receber un tratamento. Aliás, tamén se pode redactar un documento de derradeiras vontades, para deixar por escrito as propias preferencias no Rexistro Galego de Instrucións Previas (REGAIP)
A regulación da eutanasia no mundo
Bélxica. O ano 2002 aprobou a despenalización da eutanasia e o suicidio asistido. Dende 2014 tamén se permite en menores.
Holanda. Tamén desde 2002, pódese axudar amorrer a doentes terminais maiores de idade que teñan intactas as súas capacidades mentais.
Luxemburgo. Regulouno en 2008, tornándose no terceiro país do mundo en facelo.
Suiza. Permite o auxilio ao suicidio se é demostrado que non hai “motivacións egoistas”. Hai catro organizacións que a practican- duas delas por estranxeiros- e o médico só pode receitar o fármaco. Na mesma liña nalgúns estados dos EUA, Canadá, Colombia.

O curioso do caso é que namentres lá Junta da Xunta decide estas cousiñas baixo a doutrina de Romay Beccaría e o Opus dei dado que non dan para máis en conexións neuronais pór si mesmos… namentres obrigan a semellante irracionalidade baixo pretexto de humanismo cristián contra o suicidio asistido obrigan a doentes de hepatite á morte obrigada, cos presos doentes teñen un sadismo extremo. Tamén con todos aqueles desafiuzados que decidiron abandoar este mundo de capitalismo depredador… débedas e deshumanización
Canta farsa desinformación e hipocrisía.!