off
Galiza, Língua, Literatura — 2 Outubro, 2015 at 7:41 a.m.

Basilio Losada entra na Academia Galega como membro de honra

by

Basilio Losada,  profesor, tradutor e crítico literario de Láncara, primeiro catedrático de Filoloxía Galega na Universitat de Barcelona e embaixador da cultura galega en Cataluña, segundo a própria Academia Galega. basiliolosada_OLLAPAROAdicará o seu discurso ás primeiras novelas de Rosalía de Castro. O presidente Alonso Montero responderalle nun acto aberto ao público. Basilio Losada ingresará este sábado na Real Academia Galega como membro de honra. Na sede da RAG na rúa Tabernas, 11 da Coruña, nun acto de entrada libre a partir das 12 horas.

É autor de numerosos estudos críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira. Traduciu 150 libros en sete linguas, de autores como Jorge Amado, Saramago, Rosalía de Castro, Pere Gimferrer… Recibiu, entre outros premios, o Premio Nacional de Traducción, a Creu de Sant Jordi, a Comenda da Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués, a Ordem do Cruzeiro do Sul, de Brasil, e a Medalla Castelao da Xunta de Galicia. Xubilouse como catedrático o ano 2000, aínda que continúa impartindo clases nos programas de diversas universidades norteamericanas na UB. Aos seus 70 anys publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela La peregrina (con traducción ao italiano de Giuseppe Tavani), ambientada na Idade Media, período no que é gran experto.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off