O independentismo gañaria unhas eleccións por vez primeira. Junts per si non acadaría maioría absoluta.C’s sería a segunda forza no Parlament.
Ás 18 h a participación era sete puntos máis que en 2012. O índice de participación achegábase ao 63,14% no segundo avanzo oficial. O xornal ARA afirma que a mobilización nas zonas independentistas compensa o aumento de participación nas unionistas.
As urnas veñen de fechar.Por volta de 76% de participación. Unha alta participación que fai dubidar que Junts pel sí acade os resultados da sondaxe. O partido que goberna España con maioría absoluta desfóndase, o que demostraría que a política de españolización e recentralización aplicada polo PP dende Madrid é un grande fracaso.
Segundo a sondaxe de TV3, en escanos: Junts pel si (63-66), Ciutadans (19-21), PSC(14-16), CUP(9-11) . A CUP multiplicaría por catro os seus resultados. En votos, 50% entre Junts pel si e a CUP, achegándose á maioría absoluta.










