“La crisis me está haciendo perder poder meditativo”
El Roto
A ameaza institucional das patronais da banca española e caixas de aforros( a EBA e a CECA: CaixaBank, BBVA, Santander,Bankia, Sabadell e Banco Popular) ao proceso consultivo do 27S en Catalunya, foi formulada deste xeito:”A exclusión de Catalunya da zona euro, como consecuencia da rutura unilateral do marco constitucional vixente, levaría a que todas as entidades bancaira con presenza en Catalunya tiveran de defrontar graves problemas de inseguridade xurídica.Estas dificultades obrigarian ás entidades a reconsideraren a súa estratexia de implantación”, o que levaría ao “encarecemento e escaseza de crédito”. Que entre en campaña a banca non sorprende- sempre o fan, financiando a quen lles convén. O que pasa é antes non a víamos vir cando xuraban e perxuraban “non entrar en política”. A novidade alicerza agora no estilo, redactado en termos de “lexítima” defensa do negocio financieiro e da protección dos intereses dos clientes. Quer dicir, para dicilo en roman paladino, que se plantexan fechar sucursais e sedes en caso dunha declaración unilateral, se ben nada din de houber un acordo co Estado para realizar un referendum. Estamos perante unha indisimulada orientación do voto a unha semana dunhas eleccións. E iso atinxe non só a Catalunya. Os banqueiros saen á palestra a dicirlle aos cidadáns que o seu voto pode ser punido (derivar en castigo). A banca das preferentes, as hipotecas e os desafiuzamentos permítense tirar a pedra e agochar a man, non vaia ser que saian perxudicadas as respectivas marcas.
Ao facelo en termos negativos de “riscos”, “rutura”, “escaseza” ou “exclusión” vén confirmar o que intuiamos e saber, sabiamos. Que o poder financieiro español non só se opón aos procesos soberanistas, senón que desleixa que dun proceso democrático o voto designe unha mudanza garantista e ordenada -non hai precedente na UE e a posibilidade de independencia non se prevé en tratado ningún- . Ainda así fronte ao crecente nerviosismo do mundo financieiro, o soberanismo semella manterse á alza. Entanto a diplomacia española estivo ocupada no pronunciamento de Obama cando expremiu o seu desexo de manter a relación cunha “España forte e unida”( revise o lector o titular do ABC, que sen rubor nen vergoña manipulou a citación do presidente dos EUA inventándose “O mundo precisa unha España forte e unida” (o “O mundo precisa” é inventado xa que a citación real é “Queremos traballar con…”) os parlamentos de Bélxica e Suecia debatian sobre o proceso catalán.
A achega da banca ao discurso do medo contrasta vivamente co afirmado por Valdis Dombrovskis vicepresidente para a eurozona da CE, quen nin se plantexa o suposto apocaliptico debullado polas patronais da banca.O que a CE dí é que se Catalunya se independizara os tratados deixarian de aplicarse a Catalunya,quer dicer, teria que “pedir o reingreso”, que é moi distinto a afirmar taxativa e excluintemente que “ficaría fora”, tal e como saiu na capa de La Vanguardia, como se se tratar dun estatus de exclusión permante. Pola contra, das declaracións do vicepresidente dedúcese que a UE está formalmente co pobo soberano.
O que alguén debería debullar é a falacia de que nin o estado español nin os paises membros recoñecerían a independencia de Catalunya, que acabaría fora da Unión e do euro durante moito tempo, pois é unh nídia contradicción a saída da UE ou a falta de recoñecemento mas non as dúas cousas ao tempo, tal como vén de demostrar o economista Miquel Puig. Ou non ia o estado español pactar con Catalunya a quinta parte da débeda ou a parte proporcional dos pensionistas(o estado español perdería unha quinta parte dos traballadores e as súas cotizacións ainda que mantería a totalidade dos pensionistas)?. Eis o que segundo Puig sería a evidencia que a independencia conleva de facto un acordo, de aí que un aceno de realismo afirme que máis cedo ou máis tarde deberá haber un referendum con garantias, censo e observadores internacionais. Porén, para a banca española non é cuestión de democracia e de diálogo. Que Catalunya teña plantexado un obxectivo democrático non semella ser un argumento de peso.
Após esta enxurrada da banca, fica claro que en Madrid activaron as alarmas. Velaí a disciplina coa que actuan Tribunal Constitucional, goberno español, empresas, diplomacia, financieiros e prensa orgánica. Como se entre todos conformaran un gabinete de crise. As ameazas contra o sufraxio libre é un lastre para un estado de dereito. España, hai algúen aí?











O embaixador de Estados Unidos dixo que as empresas americanas se adapatarían á nova situación. Cousa que lle sentou mal ó goberno central. As empresas adáptanse ás situacións novas e faran negocio igual.
Eu creo que o pretenden os bancos é que Mas non faga unha declaración de independencia unilateral. Ainda que eu creo que xa teñen asumido que gañará a lista soberanista. Albiol dixo que fora un erro tumbar o novo estatuto…
Ainda que eu creo que a batalla será nas eleccións xerais. Podemos, Psoe están cun perfil moi baixo nesta eleccións o PP está na ultradereita e Cidadáns non creo que teña forza para case nada. Os partidos nacionalista do resto do Estado tampouco están dando batalla.
O “conflicto” entrará noutra fase cun novo goberno central. Ó PP non vai ser o encargado de negociar. Está por ver se o Psoe o pode facer. Ainda que tampouco é descartable que Podemos sexa un actor principal…
a Banca jamas deixase escapar “a súa presa” que somos nós, os diñeiros de todos, e neste caso o diñeiro do pobo catalán.
Así que deixemos claro unha cousa, e isto recorda a Grecia, e a súa saída ou non saída do Euro, que si o POBO CATALÁN decide independizarse, ou o que decida, sempre se demostrase que a vida segue, e existe vida mais alá desta EUROPA DE ESPECULADORES FINANCEIROS, nin tan sequera de MERCADORES A estas alturas, Os MERCACHIFLES QUE MANDAN SON Os GRANDES GRUPOS FINANCEIROS, E Os seus LATIFUNDIOS, As GRANDES CORPORACIÓNS.