
O próximo dia 19 de setembro(sábado) as 12h vaise desenvolver o acto de presentación na Comarca de Ferrolterra o proxecto de Cousa de Raíces na casa do monte (San Pedro de Leixa). Un proxecto que ten por finalidade a defensa do bosque autóctono, que representa hoxe en día o 30% na Galiza. No acto, que contará coa participación do delegado de Adega de meio rural, procederase a eliminar os eucaliptos que están a volver a crecer plantando no canto uns carballos do país.

















