Estes días en Ferrol andamos a comprobar como se teñen subordidado os intereses dos veciños para beneficio unicamente duns poucos. Resulta que se nos decía que se estaban a depurar integralmente as augas suxas de dez mil veciños da cidade e agora enteramonos que todo era falso. Que non só se lles estaba a cobrar unha taxa ilegal a toda a veciñanza senón que non se estaban a depurar as augas residuais, polas deficiencias das instalación dade Cabo Prioriño. Isto amosa que as denuncias que se viñan facendo por parte de diversos colectivos da cidade deberon de ser atendidas moito antes por parte dalgunha autoridade competente. E agora tamen atopamonos que tivo que ser o novo goberno municipal encabezado por Jorge Suarez quen destapara todas estas irregularidades e falsedades que tanto o anterior goberno municipal como a parte privada de Emafesa estaban a agochar.
A posta en marcha e as encomendas de xestión da Edar de Prioriño foron procesos totalmente irregulares e opacos, feitos as presas, sin os informes preceptivos para imputar o cobro da taxa, e co único obxetivo de vender electoralmente un saneamento que non era tal.
senon como que tamen se estaba a intoxicar a opinión pública.
O único que estaban a facer as autoridades disque competentes, era verter directamente o mar as augas residuais sen depurar, provocando con elo unha grave contaminación ambiental e un posible delito ecolóxico nunha zona declarada rede natura 2000 e con un grande interése natural.
Esta cadea de despropósitos e intereses espúreos débese no fondo á mestizaxe do poder político e economico que vivimos ou padecimos nos últimos anos. Comidas como a que tivo lugar recentemente en Cedeira onde se reuniron Rajoy, Feijoo e Florentino exemplifican moi ben esta forma de facer política e negocios que era e segue a ser moeda común por estes cómaros. E iso é o que temos que mudar agora, incentivando e participando nos procesos de unidade popular para cambiar este tipo de cousas.
E para que os suministros básicos das familias, auga, luz estén garantidos e non estén sometidos os interéses deste capitalismo feudal que padecemos. Na nosa mán esta revertir os procesos de privatización e sometento a intereses que non son os das maiorias sociais. A auga non pode seguir a ser controlada por grandes multinacionais, o control democrático da sua xestión, como vemos no caso de Ferrol é básico.
A auga ten que volver a ser un dereito húmán esencial, un ben non suxeito nin a especulación nin a obtención de beneficios para as empresas privadas: en Ferrol, despois da chamada “crise da auga” e agora logo de terse destapado o cobro fraudulento da taxa de depuración, temos un exemplo magnifico de como con estes modelos de xestión privada os interese xerais quedan sempre relegados nun segundo plano.

















