off
Europa, Meio ambiente — 26 Xuño, 2015 at 3:49 p.m.

Un tribunal holandés obriga ao primeiro ministro a recortar as emisións de CO2

by

O primeiro ministro holandés, Mark Rutte deberá recurtar máis do que pretendía as emisións de gases de efecto invernadoiro de Holanda até o ano 2020. Un 25% coma mínimo respecto ás cifras de 1990.

O caso é que non foi decisión derivada dunha negociación política de cara a cimeira da ONU sobre a mudanza climática a celebrar en París en decembro. A medida é por orde xudicial

Un tribunal da Haia emiteu onte unha sentenza que obriga ao executivo de Holanda a facer unha reducción de emisión de

CO2 e outros gases contaminantes.

A sentenza derívase da demanda interposta por unha organización cidadá, URGENDA, que levou ao goberno do país a xuizo alegando que non estaba a facer de abondo para combater a mudanza climática. O veredicto dí que, co actual nivel de reducción, o go berno de Rutte só recurtaría un 17% as emisións en 2020 e reclámalle que a reducción acade alomenos o 25%.

[youtube]http://youtu.be/aY7eLKJWLxQ[/youtube]

Os activistas de Urgenda recolleron apenas 900 sinaturas que serviron para levar o caso aos tribunais. Na sentenza, o xuiz Hans Hofhuis pon de relevo que o control das emisións de gasos de efecto invernadoiro “é unha responsabilidade do estado” e que o goberno ” tén que protexer aos cidadáns” dos seus efectos e “non ponde agocharse detrás do argumento que Holanda é unha pequena parte dun proceso mundial”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off