off
Política, Politica espanhola — 29 Maio, 2015 at 9:43 a.m.

Detido o delegado do goberno español no País Valencià por un caso de corrupción cando era conselleiro de Gobernación

by

Segundo Europa Press, pescúdase a Serafín Castellano por presuntos favores a unha empresa á que se lle adxudicaron contractos para a extinción de incendios  cando era conseller de Governació. Hai mais oito persoas detidas. A operación continua aberat e está baixo segreto de sumario.

Esta operación xurdiu da pesquisa aberta no ministerio público o pasado mes de outubro, cuxas dilixencias foron remetidas á  Fiscalia de Madrid logo dunha denuncia interposta pola exerente de Avialsa -empresa adxudicataria destes contractos- na que alertaba de diferentes irregularidade tanto na adxudicación como na xestión dos contractos outorgados por parte da consellaria dirixida por  Castellano -que tamén foi secretario xeral do  PP no País Valencià- a esta empresa mercantil entre  2008 e 2010.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off