Mañá mércores, día 27, ás 19 horas na Galería Sargadelos de Ferrol, celebraráse unha nova palestra dentro do ciclo “Descubrirmos os nosos clásicos”, organizada pola SC. “Medulio”, neste caso adicada á figura de Otero Pedraio, por conta da profesora Laura Tato.
Ao remate da palestra, contra das 20:30, terá lugar a presentación do libro de Pilar García Negro: No tempos de Follas Novas. Unha viaxe pola Literatura Universal.

















