
A Plataforma polo Dereito ao Aborto convoca protestas contra o plan do Goberno de impoñer o permiso dos proxenitores para que as mozas de 16 e 17 anos poidan abortar. As principais vilas e cidades galegas acollerán dende as 20 horas concentracións de protesta contra a intención do Goberno de limitar os dereitos das mozas entre 16 e 18 anos, así coma das mulleres con capacidade modificada. En Compostela, Ferrol, A Coruña e Ourense os actos están convocados diante das sedes locais do PP; en Pontevedra será ante a sede provincial deste partido; en Vigo a concentración é na Farola de Urzáiz.










