off
Galiza, Movementos sociais, Normalización lingüística — 8 Febreiro, 2015 at 4:47 p.m.

Xuntos na defensa da lingua

by

Entre 20 e 25.000 persoas, corpo a corpo, percorren as ruas de Compostela na convocatoria de Queremos Galego reclamando o cese do acoso á lingua galega e a execución de políticas que aseguren a súa transmisión xeracional.


 

[wzslider autoplay=”true” transition=”‘flash'” lightbox=”true”]

 

Por que ainda manifestacións a favor da lingua de noso na era de internet? Por que ainda revisitarmos este ritual que semellaba propio da cultura política de outrora. Será porque é unha das formas con máis forza de expresión política. Manifestan, proclaman,transmeten mensaxes, mas tamén dan feitura a novos suxeitos e linguaxes políticas.

A filósofa  Judith Butler fálanos da política de rúa ( street politics ), após da experiencia Occupy Wall Street. O que Butler nos vén dicir é que as manifestacións son poderosas porque en xeral, están a chamar a atención e levantan cuestións fulcrais que son arrombadas pola realpolitik e as representacións mediáticas máis dominantes.

Cal é a situación dos dereitos lingüísticos no estado español e na Unión Europea ? Teñen algunha obriga o resto dos europeos perante a situación lingüística en Galiza?

O que hoxe percorreu as rúas de Compostela foron mil primaveras máis para a lingua galega. Milleiros de galegas e galegos que afirmaron querer galego.

 

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off