off
Economía, Meio ambiente — 1 Decembro, 2014 at 2:03 p.m.

As pasteiras portuguesas Portucel e Celbi abandonan Galiza segundo un artigo publicado en ED

by

Ollaparo_plantacionseucaliptoNun artigo asinado por R. Rodríguez publicado  en Economia Digital, o abandondo das pasteiras portuguesa deixarían a ENCE como  gran dominadora do mercado forestal. Estas empresas deixarán de mercar 800 mil toneladas anuais de madeira e concentrarán a súa actividade en Portugal.

A causa está no  peche da planta de celulosa de Ence en Huelva (reconvertida nun centro productor de energía a partir de biomasa), que a pasteira ubicada en Pontevedra fornecía as fábricas andaluzas con eucalipto mercado no sul de Portugal. O monopolio de ENCE en Galiza será total ainda que a súa hexemonía xa existía. Portucel e Celbi   deixarán de mercar arredor  de 800.000 toneladas anuais segundo informou El Progreso.

Esta saida das empresas portuguesas non afectará demasiado xa que segundo o  representante dos aserradeiros de Lugo cando entraron tampouco non evitou o recorte dos prezos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off