Segundo o derradeiro informe mundial sobre salarios da Organización Internacional do Traballo (OIT), o estado español é onde máis diferencia hai entre salarios malia ter aumentado a productividade por traballador un 5% por riba dos salarios entre 2009 e 2013.
O Informe Mundial sobre Salarios 2014/2015 analisa as principais tendencias salariais nos paises desenvolvidos, emerxentes e en desenvolvimento. Tamén analisa as desigualdades no mercados laboral e os ingresos dos fogares.
O estado español é onde máis diferencia hai entre salarios malia ter aumentado a productividade por traballador un 5% por riba dos salarios entre 2009 e 2013. Porén, ten provocado a queda do poder adquisitivo ao longo da crise até acadar o 43% nos salarios máis baixo. Por tanto, a diferencia de ingresos entre os máis ricos e os máis pobres acrescentou entre un 40% e un 50% provocando unha das taxas máis altras de desigualdade.
Os salarios en España creceron un 1,1% en 2007, mentras que o ano pasado cairon até 1,3%. A queda máis destacada dos paises desenvolvidos. Entanto, a productividade foi aumentando ao londo destes anso, a fenda entre productividade e salarios foi acrescentando até o 5% entre 2009 e 2013, caendo o poder adquisitivo dos traballadores até o 17% de media.
En España e nos EUA, os dous países en que a desigualdade entre os mais ricos e os mais pobres mais aumentou, as mudanzas na distribuición dos salários e as perdas de postos de traballo foran responsábeis por 90 por cento do aumento das desigualdades en España e 140 por cento do aumento nos EUA.
As rendas máis baixas chegaron a perder até o 43% da súa capacidade adquisitiva pola perda de ocupació e pola rebaixa dos salarios.Porén, as rendas máis altas non chegan ao 3% do seu poder de compra por un menor ingreso por pensións. Os propietarios do capital apañan todo o gaño do crecemento económico. A OIT advirte que o estagnamento dos salarios e identifica o mercado laboral como un factor que impulsa as desigualdades.
A fenda salarial de xénero aumenta para as mulleres millor pagadas
O relatório demonstra que en case todos os países existen disparidades salariais entre homes e mulleres, ben como entre traballadores nacionais e traballadores migrantes. Ademáis, no estado español os emigrantes gañan un 30% menos que o resto de cidadáns. Por non falarmos de que as mulleres terían que gañar máis ca os homes se fosen recoñecidas a cualificación,horas traballadas, antiguidade,etc.
A OIT acha prioridade en aplicar novas políticas fiscais redistributivas, subir o salario mínimo interprofesional (SMI) e transferencias para axudar os lares con menos ingresos para impulsar o consumo interno. No final, conclui o informe, “o camiño mais eficaz e sustentábel para a populación activa sair da pobreza pasa por un emprego produtivo e con unha remuneración xusta. As políticas debem ser orientadas para atinxir este obxectivo.”










