Un fenómeno estrano que non se poderá ver o mércores dende Galiza mas si desde internet

Trátase dun acontecemento cósmico que recibe en inglés o nome de selenelion.Acontece cando o socl e a lúa se poden ver ao tempo, de xeito simultáneo. Pódese observar no lusco-fusco, ou xusto despois do abrente. Desta vez, o fenómeno só será visibel no océano Pacífico, a costa leste dos EUA,Asia e Australia. Esta cuarta-feira, os dous corpos celestes apareceran xusto por riba do horizonte en punto opostos ao ceo.
Prodúces porque a Lúa está na sombra da Terra e o Sol e o satélite eclipsado se poden ver ao mesmo tempo. A refracción da luz a través dos atmosfera da Terra permite que cada un deles apareza no ceo na súa verdadeira posición xeométrica. 180 graus de distància no ceo que permitirán velos en aliñamento horizontal perfeito durante 2 e 9 minutos.
Se estades interesados en seguilo podedes facelo no web Virtual Telescope.




























































