off
Educação, Galiza, Movementos sociais — 2 Outubro, 2014 at 9:15 a.m.

CIG-Ensino denuncia a actitude intimidatoria da Consellaría

by

Hai arredor de 200 centros públicos aos que a Consellaría non dotou con todo o profesorado necesario


A CIG exixe  que se atendan de inmediato as demandas dos centros. O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, relatou durante a protesta realizada na Coruña, que logo de 20 días de curso en Primaria, e 15 en Secundaria, aínda permanecen sen cubrirse as necesidades máis perentorias dos centros educativos, nomeadamente no referido ao número de docentes.

Declaracións de Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino  esixiu este mércores o cese inmediato da actitude “intimidatoria” da Consellaría de Educación contra os centros que reclaman a cobertura das súas necesidades de profesorado

Intimidación e poucos mestres

Louzou salientou o uso perverso da páxina web da consellaría para atacar e difamar ao profesorado dos centros que se mobilizan, nun intento de desprestixiar as súas . “Non podemos permitir que a Consellaría actúa desta maneira contra as comunidades escolares que están a reivindicar profesorado para que o sistema educativo funcione, mesmo recorrendo a artimañas de espionaxe”.

As carencias de profesorado nos centros afectan de xeito crítico  ao  alumnado que precisa reforzo educativo ou que ten necesidades educativas especiais. “Falamos de profesorado de Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe, e orientadores/as, que a Consellaría, en lugar de nomealo a tempo completo, optou por compartilo entre centros, no mellor dos casos”, acrescentou Louzao.

A incerta aplicación da LOMCE ao servizo da discriminación

A Consellaría publicou o mesmo días que comezaba o curso os currículos cos obxectivos que hai que conseguir nas etapas de Primaria e de Formación Profesional Básica.Neste momento, os centros carecen de ningunha Orde que estabeleza como ten que ser o funcionamento do sistema educativo que se implanta coa LOMCE e que aínda convive coa sistema da LOE. Ademáis, a FP Básica que supostamente substitúe os programas de cualificación profesional  “está afondando nas desigualdades sociais e está a ser un elemento de discriminación e marxinación”, xa que se imparten exclusivamente en 87 concellos de Galiza, impedindo o acceso ao alumnado do ámbito rural que nin sequera dispón de transporte para poder cursar este nivel educativo.

Ao mellor tamén che interesa:

Miró e máis a chuva no Nicolás del Rio

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off