O vindeiro martes 16 de setembro celebrarase Lúas de Outono, o acto de homenaxe que arredor da data do cabodano de Manual María organiza a Fundación Manuel María de Estudos Galegos na Coruña, cidade onde morou os derradeiros anos da súa vida e na que finaba hai agora dez anos. A homenaxe será ás 20.30 horas no Teatro Colón, con entrada será libre até completar o aforo do local, se ben cómpre retirar previamente a entrada nas taquillas exteriores.
Seis anos de Lúas de Outono
A Fundación Manuel María de Estudos Galegos hai seis anos que procura ofrecer en cada edición un espectáculo de calidade que transmita e difunda a figura, obra e pensamento de Manuel María a través de diferentes e orixinais propostas artísticas.
Na edición deste ano esa proposta correrá a cargo da compañía Nova Galega de Danza, a partires de textos do poeta chairego.
