Un vídeo difundido polo BNG amosa como deputados do PP ignoran o que deben votar na Comisión de Educación do Parlamento de Galicia. Antonio Mouriño adiou o proceso tendo que comezar a votación dúas veces pola ausencia do voceiro dos conservadores. Chámanlle lapsus-calami…erro involuntario, situación atípica,…vaites. É a educación, estúpido!
Tratándose da Comisión de Educación do Parlamento a competencia lingüística amosada por algúns dos deputados e deputadas é claramente insuficiente. Noutros, apenas ningún uso activo da língua da Galiza. Certamente, é un problema de educación.

Vaia tropa. Que entreguen os sobres e se disolvan xa!