off
Movementos sociais, Traballo — 28 Agosto, 2014 at 12:52 p.m.

A CIG denuncia que Navantia continua incumprindo aspectos fundamentais do convenio

by

A seccion sindical Navantia Ferrol da  CIG vén de reaccionar cun comunicado perante o que considera o incumprimento de aspectos económicos do convenio, materializados na  falta de abono da compensación polos peches de comedor e economato e polo non pagamento das axudas ao estudio. As cousas polo seu nome: “queren apropiarse tamén do fondo de reserva que os traballadores e traballadoras creamos cos remanentes das cantidades de axudas ao estudio. Trátase de 300.000 euros, remanente acumulado de exercizos anteriores e que non deixan de ser parte do noso salario”.

A CIG chama a reaccionar no plano xudicial como no sindical no preciso contexto no que todo apunta a orientar a Navantia a ser unha empresa exclusivamente militar, onde se lle asigna ao Ministerio de Defensa a responsabilidade da planificación, dirección, control e execución das políticas necesarias para o afortalamento e consolidación do sector industrial da defensa non debe pasar desapercibido nin para o Comité nin para o conxunto do cadro de persoal. A central sindical prevé un calendario de mobilizacións “que lle poña fronte ás políticas que pretenden acernar a carga de traballo e o futuro tanto no sector de Reparacións como no da construción civil.”

 Método Lean como cristalización da formación socioeconómica liberal do noso tempo

 A CIG  denuncia que “este sistema organizativo  (lean production) réstalle autonomía aos centros produtivos en base a unha irracional centralización e amósase como inadecuado para elaboración dun buque, produto de alta complexidade técnica e construtiva cun número insuficiente de pedidos para poder seriar a súa produción”. O método Lean de producción (lean production ou producción enxuta) é un metodo positivista  direccionado a acadar unha producción “adelgazada”, con mínimos stocks, man de obra e tempos mortos sen que conten para nada os factores locais e a vontade dos suxeitos)

Esta argumentación concorda cos críticos deste paradigma productivo, que se está a adoptar sen máis e de xeito acrítico impedindo ver a posibilidade de desenvolvimentos  paralelos e teorizacións alternativas. Trátase da abstracción de modelos de producción respeito dos contextos institucionais e culturais. Xa advertía Salerno (1997)   que “hai unha sutil diferenza entre o Lean e a Toyota: o lean é un modelo “cristalizado”, e a Toyota é unha  empresa con forza para  para modificar o seu modelo, ainda que parcialmente, segundo o que considera mais conveniente. En outras palabras, lean é un produto, Toyota é unha empresa dinámica que se confronta coas mutábeis condicións ambientais, buscando apresentar estratexias compatíbeis”. De feito,  as plantas do xigante xaponés  inauguradas até 1986 localizávanse relativamente próximas unhas das outras, a de Kyushu situase a mais de 1000 km de distancia dese complexo, así como da maioria de seus fornecedores. É evidente que iso coloca uha dificuldade maior do ponto de vista da loxística, no sentido de operar o sistema do “just-in-time”. Síguese a privilexiar as supostas presións dos mercados mundiais sob o presuposto de que son formas flexibeis e consensuadas as que deitan millores resultados na productividade e na cualidade. Outra versión da man invisibel do mercado. Quer dicer, hai unha presión estructural central que forza ao cambio no modelo de producción e non por bilateralidade e consenso. Dende Navantia e dende Madrid  téimase en acomodar a realidade a modelos teóricos. Certo é que responder a iso ten que ver con facer explícito o obxectivo central, procurar a maior competitividade da empresa a costa da constitución de suxeitos sociais do traballo, non reducidos a man de obra ou recursos humans encaixonados en estructuras.

Expedientes disciplinarios

A teoría ou modelo productivo estase a virar norma. O uso instrumental desta forma de organización do traballo maniféstase tamén como forma de control dos traballadores,  a máis de introducírense sen negociación alguna cos sindicatos non se combina con salarios máis altos ou seguridade no emprego senón con fordismo sen delegación de poder e máxima responsabilidade (autocontrol laboral).  “Agora parece ser- afirman-  que xa estamos nunha terceira fase, na que comeza a xustificación dos retrasos inculpando dos mesmos aos traballadores e traballadoras de menor responsabilidade organizativa”. O caso é que o paso do tempo semella por de relevo  que hai intencionalidade na propia Dirección de impedir a realización en tempo e forma do contrato do BAP.

A CIG lembra que a súa  estratexia sindical é  eliminar o veto a Fene, a construción do Dique, a potenciación de reparacións e o sector eólico se enfronta ás directrices do  Acordo do Consello de Ministros.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off