Somos Cedeira e as asociacións e organizacións que apoiaban o Manifesto en defensa da calidade da auga, do rio Condomiñas, da praia da Madalena e da ria de Cedeira celebraron un domingo de protesta na Ponte Nova, rente a Praia da Madalena, na mesma desembocadura do rio Condomiñas. O acto, celebrado sen incidentes, convocou unhas 100 persoas.
O pasado mes de xullo o rio sofría a pior contaminación da súa historia con centos de bolas de graxa con restos fecais, xabón e deterxentes provocado ao parecer pola estación de bombeo despois de días de choiva. O acto cívico e reivindicativo estivo acompañado de orballo e acadou unha boa concurrencia malia os intentos do PP e do PSOE por silenciar e estigmatizar a convocatoria. Non entanto, o alcade Rubido(PP) e o exalcalde Vergara(PSOE) seguen sen dar resposta os interrogantes, ao dereito a sermos informados das cuestión plantexadas por Somos Cedeira, e apoiadas por BNG, ANOVA, EU e Galiza Nova. Que está a acontecer coa depuradora e a estación de bombeo, que capacidade ten, pensa o Concello cumprir cos prazos da UE respecto á cualidade da auga e informar de xeito accesibel no web, a ordenanza municipal de augas, u-la?, pensan manter PP e PSOE a privatización do servizo integral augas en todas as súas fases?
[wzslider]
