Dende o comezo dos enfrontamentos, Israel leva contabilizados 980 cohetes lanzados polos milicianos palestinos no seu territorio sen víctimas mortais. Coas últimas víctimas xa van 172 mortos e máis de 1.154 feridos dende o comezo da operación Marxe Protectora. 350 dos 1.154 feridos son menores e 460 son mulleres Unha crianza e os seus pais foron tres das cinco víctimas mortais dos bombardeos do exército israelí sobre a cidade de Rafah e o campo de refuxiados de Khan Iunis, segundo vén de informar e recolle a EFE, o portavoz dos servizos de emerxencia, Ashraf al Qedra.
A pasada noite, o exército israeliano contabilizou 130 cohetes lanzados polos milicianos palestinos en territorio de Israel, dos que 100 tocaron terra e 22 foron interceptados pola defensa antimiles ‘Cúpula de Ferro’.
O exército de Israel afirma ter abatido perto de 1.500 localizacións en Gaza: 210 túneles , 770 lanzadeiras, 69 bases de entrenamento militar e 63 armazéns e locais de fabricación de armas.A franxa de Gaza ocupa 360 km² – un pouco menos que a comarca do Ortega (394 km² e 33,39 hab/km²) – e unha das densidades de poboación máis alta do mundo: 1,4 millóns de palestinos ( 4.167 hab./km²) maiormente refugiados da guerra de 1948. Hebrón é unha das cidades máis afectadas polas incursións de Israel en Cisxordania tras o secuestro de tres adolescentes israelís en xuño. Os dous principais sospeitosos do asasinato dos tres rapaces son membros de Hamás que viven en Hebrón.Aínda están fuxidos.
Segundo vén de informar o xornal The Guardian Israel afirma ter abatido un drone na súa costa sur. A aeronave non tripulada, que Israel di que foi lanzado de Gaza foi abatido cun mísil Patriot perto da cidade de Ashdod. É a primeira arma deste tipo que Israel atopou neste conflito.
Miles de persoas deixaron as súas casas despois de que Israel advertira que vai intensificar o fogo. Unha muller que estaba abrigando nunha escola administrada pola ONU di que non hai auga e os seus fillos están a durmir no chan da aula
O xefe da ONU, Ban Ki-moon, pediu a Israel desfacer os plans dunha ofensiva terrestre, xa que morrerían “moitos” civís palestinos. O domingo milleiros de palestinos fuxiron das súas casas en dúas áreas do norte do enclave costeiro, despois de que Israel advertira que “golpearía con forza” contra o que di son os lugares de lanzamento de foguetes – un ataque que aínda non se concretou. No entanto, o gabinete de seguridade do ministro Benjamin Netanyahu, dediciu onte que ian continuar coa ofensiva por mar e aire sobre franxa e descartou de momento a invasión terrestre.
Ao mellor tamén che interesa:
