off
Cedeira, Ecoloxía, Meio ambiente — 7 Xullo, 2014 at 7:07 a.m.

A crónica contaminación do rio Condomiñas

by

BNG, EU, ANOVA e a plataforma cívica SomosCedeira veñen que facer un comunicado conxunto no que se denuncia a reiterativa contaminación do rio Condomiñas

Após  noite de chuvia e auga a canadas, o río Condomiñas acordou  cheo de restos orgánicos que axiña se depositaron na Praia da Madalena,que non é de recibo que siga aberta ao baño.

De novo, xa aconteceu varias veces nos últimos 3 anos, na lexislatura que goberna o PP, ponse de manifesto que a depuradora non dá feito coa cantidade de auga que recibe e  que a empresa que xestionar non fai o seu traballo.

Unha vez máis,a cidadanía esixe que se adiquen os cartos a correxir defectos estructurais básicos como é a separación total de augas fecais e pluviais e non á falsa “humanización”ensanchando as beirarrúas, as flores e os maceteiros.

“Se fachendean de superávit- afirman- non entendemos como se pode continuar con carencias deste tipo e menos nun concello pretendidamente turístico.”

Nunca tal se vira nos últimos cincoenta anos

A contaminación fecal do Condomiñas, nunca tal se vira nos últimos cincoenta anos. Ao fracaso descomunal da xestión medioambiental e sanitaria do goberno PP de Cedeira hai que sumarlle  a opacidade e a total falta de seguimento da empresa concesionaria do servizo, de cal é a situación actual e cal a previsión para unha solución definitiva. Descoñecese se a rede cubre a totalidade da zona urbanizada, de caracter básicamente unitaria, e se tendo en conta as augas residuais e industriais e tamén as achegas pluviais,  que son as determinantes e dimensionais. O que está ficar en evidencia  é que a EDAR non retorna auga depurada nen dispón da funcionalidade propia dos sistemas de separación que garanta un caudal ecolóxico no rio e na praia.

[wzslider autoplay=”true” transition=”‘slide'”]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off