off
Europa — 21 Xuño, 2014 at 5:22 p.m.

“Le i’r’ Alban”. Apoio galés á independencia de Escocia

by

Gales e os galeses dan o seu apoio á Independencia  para a Escocia dende o colectivo  Wales For Yes.O obxectivo do grupo é mostrar o apoio do País de Gales para a independencia de Escocia, e fomentar entre o galeses que moran en Escocia a  votar si. O vídeo foi exhibido por primeira vez o día 18 de xuño por unha delegación do País de Gales para o National Collective, en Edimburgo. Aínda que o foco estivo nas eleccións europeas, en realidade, o evento político máis importante para esta xeración será o referendo sobre o 18 de setembro, en Escocia. Independentemente do resultado, haberá enormes ramificacións para o futuro do Reino Unido, e é altamente improbable que o Reino Unido siga  a ser como é hoxe.  A situación constitucional de Escocia e, por tanto, a do  Reino Unido mudará. Está por ver o alcance dese cambio. Gales fará parte dese impacto e influirá nos vieiros políticos das próximas décadas, afírmase dende o foro de Wales For Yes.

 

 

http://walesforyes.org/2014/06/video-wales-message-of-support-for-scottish-independence/

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off