A Mesa presenta o estudo 2013/14 sobre o galego nas aulas de infantil, que mostra a aceleración do proceso de eliminación do galego do ámbito educativo.“Galiza é o único territorio do Estado español con lingua propia diferente do castelán onde acontece algo semellante do que está a acontecer nas cidades galegas” salientou Maceira, presidente da Mensa pola Normalización Lingüística.
Segundo o presidente de A Mesa, Marcos Maceira: “Feixó ten que pór fin a este quinquenio negro para a nosa lingua” . Apenas 11 dos 289 centros de infantil consultados dispoñen de material didáctico en galego.
Como resultado para o conxunto de Galiza, só o 2,42% dos centros de Educación Infantil das cidades (fronte os 3,19 do curso pasado), declaran impartir maioritariamente a docencia en galego e só o 4,15% declara impartir a metade das horas lectivas na lingua propia do país. Do 94,43 restante que imparten maioritariamente en castelán, só 2 centros indican chegaren ao 33% de docencia en galego.
Estes datos son indicativos de como funcionou o Plan de demolición lingüística da Xunta de Feixó e de como se está a acelerar do proceso de eliminación do galego do sistema educativo.
Na práctica diaaria, a lingua galega non existe nas aulas e os materiais didácticos en galego teñen unha porcentaxe inferior mesmo á da presenza do galego. Só 11 dos 289 centros de infantil consultados dispoñen de material didáctico en galego, como cadernos de aprendizaxe. É rechamante que os propios centros se queixen de que malia as súas solicitudes a Xunta non fai nada por dotalos de material, o que para a Mesa é indicativo da falta de interese da administración por dotar os centros que usan o galego de ferramentas de traballo dignas.
Estes datos indicativos de como funcionou o Plan de demolición lingüística da Xunta de Feixó e de como se está a acelerar do proceso de eliminación do galego do sistema educativo.
A Mesa pideu voltar ao consenso do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade parlamentar sendo Feixó Vicepresidente, e derogar dunha vez por todas o actual Decretazo contra o galego que tan nefastas consecuencias está a ter para a lingua propia de Galiza.
