off
Galiza, Internet — 17 Maio, 2014 at 6:06 a.m.

.gal comezará a funcionar o 25 de xullo

by

A Asociación puntoGAL presentou esta sexta feira www.dominio.gal a primeira páxina web baixo o dominio da Internet para Galiza. 


 

Programa Pioneiros: dende o 1 de xuño ao 25 de xullo

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet

O  portal explica os prazos e os criterios que rexen o lanzamento do .gal. Así, dende o 1 de xuño a Asociación aceptará candidaturas para o Programa de Pioneiros. Durante o mes de xuño recibiranse propostas e a Asociación seleccionará, baseándose en criterios de visibilidade e notoriedade, até un máximo de 90 Nomes Pioneiros.

“Estas direccións de pioneiros entrarán en funcionamento na Rede o 25 de xullo. Os pioneiros terán a vantaxe de poder publicar webs baixo o .gal catro meses antes co resto, gozando dunha maior visibilidade”.

PuntoGAL publicará todos os detalles do Programa de Pioneiros (prezos, etc.) dentro de 15 días, o 1 de xuño, cando xa se poderá solicitar participar nesta fase.

Fase Aberta, en decembro

Fase na que todo o público poderá acceder ao dominio .gal sen  restricións. As condicións e características concretas de cada fase serán publicadas no portal www.dominio.gal con  antelación dabondo. Ademais, a través deste portal  indícase a fórmula para consultar e solventar dúbidas.

Tags

One Comment

  1. .gal e unha aposta decidida polo galego.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off