off
Eleccións Europeas — 9 Maio, 2014 at 7:12 a.m.

Dionisia, Avelino, Europa

by
Hai corenta anos  que votamos (37 para sermos exactos); neste tempo, houbo quen ainda non se decatou da distancia entre as promesas e os feitos; no último lustro,a crise e a decepción cos partidos provocou duas reaccións, as de quen sairan á rua a facer a politica que precisaban e non achaban en ningures pensando que “todos os gatos son pardos” e a dos que dos que teiman en pasar de calquera compomiso, na rúa e nas urnas.Malia o sentido xeralizado de frustración, Fernando Igrexas (membro da executiva do BNG local) aproveita o ritual da pegada de cartaces do inicio da campaña electoral do 25-M ao Parlamento Europeo, que os cedeirenses votaran cando os galegos e 400 millóns de europeos, para lembrar o compromiso de dúas persoas pouco ou nada escépticas e vencelladas a Cedeira, Avelino Pousa e Dionisia Amada. Para que o seu exemplo sirva para ampliarmos o campo do pensable,para que non nos contentemos en dicir  aquilo de que todos os partidos son iguais. Como Avelino e Dionisia,cómpre facer que a política recupere a súa autoridade poñendo límites ás oligarquías do poder económicopolítico e aos seus cómplices, defensores dos recortes, da austeridade e desa falsa normalidade chamada España.

Foi esta noite de arranque de campaña electoral, unha noite de neboeiro na que nos achegamos como membros que somos da Asemblea local do BNG, tamén se achegaron representando a Galiza Nova, a dar inicio e apoio á candidatura galega do Bloque representada por Ana Miranda Paz as eleccións europeas 2014.

A nosa presenza foi maioritaria, case que se pode afirmar que estabamos nós sós e dous representantes do Psoe que da presa que levaban deixaron un cartaz coa Valenciano cabeza a baixo, os “outros” ou teñen o servizo externalizado, ou pasan. Non son fieis como nós ás ensinanzas que nos deixou o bo do Avelino no número 4 de Olláparo(1986).

“Vós tedes sorte de vivir nunha democracia, aínda que esta teña unha seire de eivas e non poidamos considerala un modelo. Pero polo menos- e xa non é pouco- tedes a posibilidade e o dereito de cantarlle as corenta a calquer xerifalte”.      Avelino Pousa Antelo

 

Unha galega do pobo e achegada ao pobo sempre que se lle reclama, e damos fe que as nosas queixas e propostas chegan a Bruxelas da súa políglota voz. Ana miranda é unha muller chea de enerxia positiva, sempre cun sorriso nos beizos, sempre dando azos, sempre mirando cara o futuro, por iso nós agasallámola cuns “sanandreses” tradicionais de de miga de pan.

Si o Bloque está Cedeira está, e Ana Miranda si estivo na vila para preocuparse das teimas d@s nos@s veciñ@s, dos problemas dos pescadores, das mariscadoras e redeiras, das nosas maiores, dos gandeiros da Capelada, da Reserva Mariña de interese pesqueiro, da Praia da Madalena.

Ese futuro é basicamente o que como colectivo soñamos no bloque e que a pesar dos moitos erros, somos quen de salventar coa praxe, co traballo, traballo e traballo, amor á terra e á nosa xente na procura dun futuros que poña a producir a nosa nación dende a sustentabilidade, dun futuro no que o mellor de nós non teña que emigrar de novo, un futuro no que podamos pescar, construir barcos, producir vento, leite, madeira ou electricidar sen vetos, cazos,  monopolios, nen intermediarios. Soberanía precisamos como o pan de cada dia.

 

Ollaparo_Dionisia_Miranda
Ana Miranda Paz tivo grande amizade con Dionisia López Amado (Cedeira, 28 de febrero de 1928/ Bos Aires, 29 de noviembre de 2008, 80 anos

Dionisia, galega nada en Cedeira e arxentina, activista e membro das Nais de Plaza de Mayo, seu fillo Antonio Adolfo Díaz López e a súa nora Stella Maris Riganti membros do PRT foran secuestrados o 15 de Maio de 1976  polo terrorismo de estado da dictadura militar sendo desparecidos. Dionisia tamén foi membro da Comisión de Solidaridade e Dereitos Humanos do Bloque Nacionalista Galego (BNG)]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off