off
Cedeira, Galiza, Meio ambiente — 25 Abril, 2014 at 5:08 p.m.

O BNG presenta varias iniciativas no Parlamento Galego relativas á praia da Madalena

by

Despois de presentar en marzo deste ano 2014, unha pregunta no Congreso dos Deputados relativa ao deterioro da praia da Madalena, da que ainda non se sabe resposta, e ante a actuación que se está a desenvolver na praia da Madalena,  a portavoz do BNG de Cedeira  vén comunicar que a súa formación presentou o día 23 no Parlamento Galego  varias iniciativas parlamentares con respecto ás actuacións previstas na praia da Madalena de Cedeira: unha proposición non de lei para o seu debate en Comisión; unha pregunta para a súa resposta oral en Comisión e outra para a súa resposta escrita.

Ollaparo_madalena_abril_24_04_2014_3
No todos os “cazos” son de area

Mediante a presentación da proposición non de lei, o BNG expresou a súa determinación a que o Parlamento inste á Xunta de Galiza tanto a defender unha solución integral á situación da praia da Madalena, baseada en estudos medioambientais, como a esixir a paralización inmediata das obras e non autorizar achegas de area á praia mentras non se faga unha avaliación do seu impacto ambiental.

Ao mesmo tempo a formación nacionalista formuloulle á Xunta de Galiza unha serie de preguntas nas que incide en si pensa a Xunta de Galiza, en aplicación do Decreto 28/2009, do 29 de xaneiro, polo que se crea a reserva mariña de interese pesqueiro, Ría de Cedeira, condicionar calquera autorización á realización dunha avaliación de impacto ambiental, vai polo tanto emitir a Xunta de Galiza, como é preceptivo, un informe ambiental e vai esixir a paralización inmediata das obras.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off