off
Politica espanhola — 14 Abril, 2014 at 7:18 a.m.

“El País” axeónllase a Aznar no aniversario do 14 de abril

by
Ollaparo_elpaisemanalNada máis e nada menos que 10 páxinas lle vén de adicar El País Semanal a José María Aznar, logo dunha década da fin do seu mandato. Tono amabel e laudatorio para salvarlle os servizos prestados ao “parado de lujo”,  agás para aqueles rasgos de personalidade tan de moda que, ao cabo, sírvenlle a El País  para “humanizar” a quen presenta máis sombra do que lusco. Tamén el está obsesionado coa forma física, tamén el  ten momentos de “melancolia”  nos que precisa ter á súa dona a carón, …e así.     El Pais recoñécelle ter levado á FAES á  primeira posición dos think tanks españois e ter xunguido a dereita española… “Cóstame moito gañarme honradamente a vida e pago até o último dos meus impostos”,  madía-leva!

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off