O PP emprega a maioría parlamentar para impedir investigar o fracaso de Alimentos Lácteos e o destino de 9 millóns de euros públicos. BNG, AGE e PSdeG solicitaran unha comisión para determinar que aconteceu con este proxecto e procurar responsabilidades. O PP acusounos de ”facer unha cruzada política para atacar a Feijóo”. Oitenta operarios na rúa, centos de gandeir@s sen cobrar son algunhas das consecuencias dese fracaso.