off
Educação, Música — 11 Marzo, 2014 at 12:40 p.m.

Santi Cribeiro, Davide Salvado e Cristian Silva sementando músicas

by

A Semente fai un chamado a nais, pais, crianzas e público en xeral ao terceiro concerto Sementes de Música, que decorrerá o 16 de marzo en Compostela a partires das seis da tarde


 

Ollaparo_sementesAs Escolas de Ensino Galego Semente, unha iniciativa social sen ánimo de lucro, impulsionada pola Gentalha do Pichel que pretende conformar, junto com outros projetos semelhantes, as bases necessárias para a criazón da Escola Nacional Galega, veñen de argallar o terceiro concerto de apoio para procurar fondos que fagan sostíbel un proxecto que depende só das familias usuarias.

Este proxecto autoxerido xa ten organizada a seguinte Sementes de Música, unha experiencia ao redor dos sons na nosa lingua e da cal, desta volta, farán parte Sés canda Manolo Maseda; Caxade con Manu Paino e Manuel Espiño; e Davide Salvado canda Cristian Silva e o cedeirense Santi Cribeiro.

 

 

One Comment

  1. A ximnasia para o corpo e a música para a alma. Ide e apuntade ós rapaces.

    Unha aperta.

    X. Antón Suárez Aneiros

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off