Ollaparo achega un vídeo realizado por Somos Cedeira o pasado día 3 e no que houbo que mollar os nocellos e o lombo, literalmente. O documento ben pode servir de simulación dos posibles efectos adversos do dique proposto por Costas fronte ao temporal desta semana. O enfoque permite deducir que o dique lateral encanamento de nada serviría , sendo mesmo contraproducente.
Ao mellor tamén che interesa:
Xa está dispoñíbel o documento de alegacións presentado por Adega e Somos Cedeira
Aberto o prazo de alegacións ao estudo previo da Madalena
SomosCedeira e Adega esixen un Procedemento de Avaliación Ambiental Ordinario e Completo

Dende logo que sería contraproducente, encanado este faría case de ariete ou catapulta para o mar cando de suman preamares altas de cotas moi elevadas e vagas de mar post_ galerna convertindo os salseirazos salados na zona da Ponte Nova en moi violentos. A min cando me falan de estudos técnicos feitos para praias da Galiza feitas dende a capital do Manzanares asústame un pouco…grazas a eles e aos seu desleixo nesta situación estamos. E isto mal que lle pese a Luis Rubido tamén a Vergara, si é política, ou ter as competencias de Portos e Costas en Madrid aos Galegos en nada nos beneficia. Por iso cando se fala de Soberanía para Galiza se fala das cousas de comer ou como non tamén de arraxar a nosa praia