Parecíanos levar máis tempo comendo nas patacas. Xantar na Galicia do século XIX non debía ser doado. O feito de que a vida infeliz dos pobres convivira coa vida farturenta dos pazos é moi importante para entendermos o que quería dicir Rosalía de Castro cando afirmaba o que afirmou. A implantación de novos produtos alimentarios americanos como o millo e a pataca que na altura se empregaban para darlle ao gando, milloraron a alimentación da poboación galega do século XIX. A diferenza do millo que comezou a cultivarse a comezos do XVII, a pataca demorou en ser introducida na alimentación dos europeos. As fames do XIX obrigaron aos galegos a facer das patacas un alimento que entrou na dieta para ficare. Foi Ferrol a primeira urbe galega onde se comercializou a pataca para alimentar os operarios dos asteleiros. No século XIX, porén, as diferenzas no xantar entre os poderosos (fidalguía, igrexa) e os labregos eran abismais.
[youtube]http://youtu.be/JQsX3MlsLTg[/youtube]
Historias de Galicia (CRTVG X.M.Vega)
