off
Normalização linguística, Politica espanhola — 23 Xaneiro, 2014 at 1:53 p.m.

O goberno español volve agredir o idioma catalán na Comunidade Valenciana

by

O estado español vén de cortar as emisións de Catalunya Ràdio en territorio da Comunitat Valenciana. Segundo sinala o xornal Vilaweb: “En tres anos, o País Valencià ficou sen ningunha radio nin televisión en catalán grazas á persecución implacable do PP e da extrema dereita”. Unha medida que ben pode ser interpretada como unha respota ao avanzo do proceso catalán atacando, en expresión do poeta e xornalista Sebastià Alzamora ” os francos que identifica como máis febles no corpo da catalanidade”. A lei de símbolos das Illas Baleares resposta tamén a esta ofensiva, agravada logo do feche de Canal Nou  polo propio Govern da Generalitat Valenciana.

O argumento adoita ser sempre o mesmo, non ter licencia ou os papeis en regra. Mais que están a facer os gobernos valenciano e español para garantir que os falantes dun idioma oficial do Estado non perdan os seus dereitos lingüísticos?. A presunta pluralidade cultural e lingüística de España, u-la?

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off