off
Meio ambiente — 10 Xaneiro, 2014 at 10:30 p.m.

Máis area…menos praia

by

O novo alcalde Luis Rubido e a Demarcación de Costas veñen de informar que non teñen máis propostas para a praia de Cedeira que teimar en medidas que se teñen amosado até o de agora caras e ineficientes. Contraproducentes dende o punto de vista medioambiental. Qué custo terá aportar máis area da xa aportada nos últimos anos? Que previsión de durabilidade terá esta nova achega de area que vaia máis alá do curtopracismo do período estival? Qué impacto mediombiental e sanitario terá achegar maior cantidade de xabre  cando se sabe que a depuradora de augas non está a funcionar? Cómo se concreta a proposta que Rafael Eimil (o xefe da Demarcación de Costas de Galicia) definiu como de “grande magnitude” para estabilizar a area transportada se o único que sabemos con certeza é que, malia a achega periódica de area, prodúcese un rápido devalo da praia ao primeiro temporal do inverno? Cómpre lembrar que o caso do area da Madalena non é o único, contrariando tamén esa evidencia, logo de seren investidos na Praia do Matadoiro da Coruña 8,5 millóns € de euros (Ministerio de Medio Ambiente, 2012 ) na ampliación dos areais coruñeses, os 320.000 metros cúbicos de áridos procedentes dunha canteira de Viamanzo acabaron no fondo da ría despois do primeiro temporal. Quen redactou a denominada por Eimil “proposta de grande magnitude de estabilización de area”? En qué consiste esa proposta para a Madalena? Canto nos costará ?

A Xestión Integrada das Zonas Costeiras

En 1995, o Consello Europeo de Ministros de Medio Ambiente, aprovou o Código de Conducta pan-Europeo para as Zonas Costeiras co obxectivo de promover para estas zonas ribeiriñas un desenvolvimento socioeconómico sustentabel. Un ano despois presentaba  o programa de demostración da CE sobre a XIZC (Xestión Integrada das Zonas Costeiras, conceito que aparece contra 1988, porén, vai ser a partires de 1992 cando se xeraliza a súa inclusión verbo da Axenda 21 adoptada na Cimeira de Rio de Janeiro sobre Medio Ambiente e desenvolvimento). O XIZC desenvolveuse con 35 proxectos locais e rexionais destiñados a demostrar a aplicación da estratexia. Os resultados destes proxectos confirman que a degradación constante e a deficiente e ineficaz xestión da moitas zonas costeiras pódese imputar a unha información insuficiente, unha lexislación diverxente ás veces e redudante noutras, e unha falla de coordinación entre as administracións. Por outra banda, o programa 21 da Unión Europea mostraba os seguintes problemas e causas ás que están expostas as costas, en xeral, en Europa. Estas son directamente aplicables ao caso da praia da Madalena:

Problemas

– Erosión da costa

–  Infraestructuras barreira

– Destrucción do hábitat

– Pérdida de Biodiversidade

– Contaminación de solos e recursos hídricos

– Problemas decalidade e cantidade de auga

Causas

–A falta de visión xeral sobre a xestión da costa que permita unha visión ampla dos procesos d’una visió general sobre la gestió de la costa que
permeti una visió àmplia dels processos


-A falta de mecanismos e fórmulas para a participación dos interesados


– A existencia de políticas  e lexislacións inadecuadas e pouco coordinadas para unha xestión sustentabel das zonas costeiras 


– A burocracia e a falta de coordinación entre administracións, que limitan a creatividade e adaptabiliade local


– A falta de recursos que den apoio ás iniciativas encamiñadas á resolución in situ dos problemas


Fonte: A partires do Programa 21 da Unión Europea, 2003

 

Somos Cedeira

Hai uns meses a plataforma cívica levantaba o silencio que ten dificultado a comprensión de noso entorno marítimo  achegando   propostas preventivas que aminoraran a pérdida de áridos durante o inverno, seguido da necesidade de que un grupo científico interdisciplinar estudara e propuxera  intervencións de máis calado xa que definitivo, tratándose do mar non hai nada. Noutras palabras, que se elaborara un informe en base a un estudo pormenorizado do maior número posibel de variables que interveñen no devalo (orientación do espigón, etc) no deterioro do areal e en base á evidencia científica aplicada noutras xeografías con problemática parecida e que permitiría deseñar e aplicar un plano estratéxico de intervención.

A recesión da Praia da Madalena non é cousa de dous dias. O proceso de fornecer áridos mostrouse  ineficaz e incapaz de estabilizar o areal na súa totalidade xa que a súa estabilidade depende en boa parte das aportacións sedimentarias terra-mar e estas teñen reducido significativamente a causa das infraestructuras barreira para o transporte natural, incidindo de xeito notabel no itinerario e intensidade das correntes. Somos Cedeira alertaba da necesidade de achar alternativas á rexeneración da area da praia, defrontando a necesidade de impulsar unha línea de intervención racional que plantexe un futuro e unha tendencia máis positiva que a actual, a través da xestión dos recursos sedimentarios existentes  e non da simple aplicación do cazo da pá. O mesmo acontece coa xestión da auga, tanto superficial como soterrada e cos traballos de saneamento e depuración, procesos que precisan da necesaria conxugación de iniciativas e participación das administracións. Que papel tén a Xunta de Galicia? Na situación actual sería un sarcasmo que  Costas se encargue de ofrecer descoñecidos programas de “grande magnitude” que acaben sendo finanzados pola Xunta. A política do curtopracismo leva a non atender máis ca a urxente transferencia de area sen atender á máis razóns, que  moitos cidadáns  exixan praia cando permaneceron caladiños mentres a perdían, impacientándose moitos hosteleiros e restauradores só cando ven chegar o verán.

O proceso de fornecer áridos mostrouse  ineficaz e incapaz de estabilizar o areal na súa totalidade xa que a súa estabilidade depende en boa parte das aportacións sedimentarias terra-mar e estas teñen reducido significativamente a causa das infraestructuras barreira para o transporte natural, incidindo de xeito notabel no itinerario e intensidade das correntes.

Perante medidas que teiman na mesma receita curtopracista e o desconcerto que xera unha proposta da que nada se sabe, fica a sensación de que administración non é quen de tomar consciencia do conceito de zona costeira ou litoral como unidade de funcionamento con múltiples usos e un altro grao de complexidade e para cuxa conservación, protección e uso sustentable a Lei 2/2013, de 29 de maio, de protección e uso sustentábel do litoral e de modificación da Lei 22/1988, de 28 de Xullo, de Costas  é claramente regresiva xa que continua en privilexiar intereses privados fronte ao interese público, non recoñece a singularidade socioeconómica, natural e paisaxística galega, teima en fomentar a especulación urbanística e a súa privatización, óbvia as actividades contaminantes e volve a invadir competencias exclusivas de Galiza en urbanismo e ordenación do litoral.

Que máis precisa a oposición para intervir?

Para saber máis:

Quedámonos sen praia…e agora qué?

Preamar desfacendo a praia

Praia da Magdalena:pensar amodo, actuar axiña[2]

Unha historia natural da ría de Cedeira [1] Pasado

One Comment

  1. Antom Labranha

    O problema é abondo importante como para conformar un centro de debate popular, no que as diferentes propostas técnicas poidan ser analizadas e discutidas en función das características do noso Areal. A xente do mar ten moito que dicir ao respecto.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off