Antón Dobao (responsable de cultura da Permanente de Anova) vén de anunciar no seu twitter que dimitiron catro membros da Comisión Permanente de Anova. O próprio Dobao, xunto a Mar Blanco, Xiana López e Xurxo Martínez decidiron abandonar a dirección da formación un día despois de que o xornal Praza informara de que Martiño Noriega deixaba o posto de coordinador nacional.

















