O xornal El País (Galicia) publica hoxe unha reportaxe sobre a cultura científica e a figura de Xosé A. Fraga, director do Álbum da Ciencia e colaborador de Olláparo.
O Album da Ciencia é un diccionario enciclopédico virtual da ciencia galega que ten a súa orixe nos “traballos realizados desde 1987 pola sección de Ciencia do Seminario de Estudos Galegos, que elaborou o seu Diccionario histórico de científicos galegos en dúas entregas que viron a luz en 1993 e 2005″.
Xosé A. Fraga: “O Álbum da ciencia é unha chamada á autoestima: aquí fíxose ciencia como en calquera país do mundo”




























































