off
América, Comunidades Galegas, Politica internacional — 30 Outubro, 2013 at 11:07 a.m.

Arxentina: todo fica dentro do peronismo e algo máis

by

Após dez anos de kirchnerismo e dunhas eleccións sen a presenza de Cristina Fernández, logo de dous anos do seu mandato no que as políticas sociais que se estaban a aplicar ian acompañadas de inflacción ( o que preocupa aos arxentinos despois de ter experimentado o corralito nos noventa), o resultado  non sorprende, todo fica dentro do peronismo se ben expresa o  seu esgotamento.  Sen dúbida, tantos anos residindo na Casa Rosada e a descoñecida taxa de inflacción foron  espectros que sairon reflectidos nos resultados eleitorais. Iso, e a ausencia  na campaña de Cristina Fernández. Segundo o analista político Jorge Lanata o importante das eleccións é que Massa ( que foi xefe de gabinete dos K (os kirchner) dividiu o kirchnerismo e o que definiu como a “mudanza do humor social” que fixo que en dous anos pasara do 54% ao 35 %, redución de 20 puntos en un período moi curto de tempo. Para Lanata con estes resultados non se sabe quen goberna na Arxentina e resulta mesmo “infantil” que o goberno non teña asumido a derrota xa  que a lextimidade da que dispón agora non é a mesma. Moitos dos que agora acaban de chegar ao lexislativo foron K. Dous kirchnerismo convivindo e non se sabe ben cal deles vai seguir gobernando.A carreira  da sustitución de Cristina Fernández Kirchner  xa é un feito.

A esquerda alternativa, un millón e medio de votos

A Frente de Izquierda, que agrupa ao PTS, o PO e  a Izquierda Socialista, recibiron un millón e medio de votos  que segundo o candidato á capital “el Frente de Izquierda entró como bloque”. Pola súa banda, Néstor Pitrola, candidato do FIT, salientou  o feito de “meternos en la discusión importante de la Argentina”. O candidato Christian Castillo ten declarado as bancadas da  Frente de Izquierda son rotativas entre as tres forzas da Frente, un sinal para o lider da FIT de que “no venismo  a atornillarnos  en los sillones ni para transformarnos en una parte más de lo que denunciamos como una casta de políticos profesionales que se dedican a gerenciar los negocios de los grandes empresarios. Nosotros somos militantes de la clase trabajadora, por eso en la Cámara vamos a cobrar lo mismo que un docente o el salario de un trabajador promedio, y el resto de la dieta será para apoyar distintos conflictos de trabajadores y de los sectores populares.

Segundo os portavoces do FIT o resultado do domingo foi un recoñecimento a unha militancia cotiá porque para alén das eleccións están todos os días na loitas. Todos coñecen o programa e  a perspectiva anticapitalista e socialista pola que loitamos,  afirmou Castillo.

One Comment

  1. Cristina no admite la derrota y nunca la va a admitir! La clase media argentina (la cúal casi ya está en extinción pero aún sigue resistiendo) le dio la “paliza” al Kirchnerismo en las últimas elecciones (aunque éstas no sirven para nada). La política, el gobierno en Argentina es un circo!!! Y Lanata es el periodista que siempre pone las verdades sobre la mesa, las cosas que todos vemos y que nadie denuncia… es que ya no se salva nadie!

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off