off
Banda deseñada, Cinema — 4 Outubro, 2013 at 12:07 p.m.

Guillermo del Toro aterroriza os Simpsons

by

Un namorado dos  Simpson  chamado Guillermo del Toro (o director de HellboyBlade II  e El laberinto del fauno) vén de facer unha achega á serie creadada por Groening. O director mexicano encargouse de crear  a nova versión da mítica careta de ”The  Simpson”  para o 24  Treehouse of Horror.

Del Toro refixo a careta da serie e engadiu referencias aos clásicos do terror e a algunhas dos seus próprios filmes.  De “Os paxaros” de Alfred Hitchcock ao olláparo-cíclope  e os esqueletes de Xasón e os argonautas de Harryhausen, a Mosca, Alien, Godzilla, todos eles vincallos cinematográficos cheos de sentido.

A cortametraxe, de case tres minutos, inclue aparicións de monstros clásicos da literatura fantástica e de iconos da Universal  (Alicia, o Home Lobo, Dracula, Frankenstein e a súa noiva, a momia e o home invisibel)  o pantasma da òpera,  Stephen King,  Edgar Allan Poe e moitos acenos aos amantes do xénero.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off