off
Movementos sociais — 29 Setembro, 2013 at 6:02 a.m.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público en Compostela

by

Chovia en Compostela mais a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público conseguiu reunir varios centos de persoas contra a Lei Wert exixindo a retirada do “anteproxecto de  lei  que reflicte as posicións ideolóxicas máis extremas e reaccionarias do PP”, afirmou Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino.

 

[youtube]http://youtu.be/ydjSI7JrRkk[/youtube]

Velaquí algunhas:

– Desprezo a língua galega.O castelán figura como lingua vehicular do ensino en toda España, o que é incompatibel cos modelos de inmersión lingüística, que son os que a comunidade científica mundial recomenda e aplicados até o de agora con grande suceso en  Cataluña. Engadindo ademais  que poidan existir sistemas onde se impartan as materias non lingüísticas en lingua cooficial, para introducir que estes modelos poidan estar tamén dispoñibles como “modelos de inmersión en calquera lingua estranxeira”

– As probas de reválida que se realizan desde o Estado para poder pasar curso poderán ser corrixidas agora tamén por profesores de centros privados

– Permitirá a contratación de profesores nativos para linguas estranxeiras á marxe dos mecanismos dos accesos á función pública docente

-Que os concellos deben ceder o solo para usos dotacionais, liberando solo para regalárllelo a empresas privadas .A emenda 754 ao artigo 116 da LOMCE di: “as administracións educativas poderán convocar concursos públicos para a construción e xestión de centros concertados sobre solo público dotacional”

– O director/a do centro será avaliado/a  segundo os resultados académicos dos seus alumnos/as

-E educación en valores (antiga educación para a cidadanía) non queda garantida xa que non é obrigada

-Homoxeneizar. A emenda 733 ao artigo 6 bis propón que se garanta que os títulos teñan validez no territorio estatal “co fin de asegurar unha formación común”, cando o artigo xa o garantía. Unha das máis ideolóxicas das emendas: dáselle máis relevo aos contidos comúns a costa da diferencia.

– O mestre como “autoridade pública” tórnase unha máscara que desautoriza, desconfía e xerarquiza o profesorado

-A pedagoxía, u-la? Acadar unha titulación  dependerá do resultado azaroso dunha única proba ao rematar o ensino obrigatorio e postobrigatorio.

 

One Comment

  1. gzvideos.info/?p=8700

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off