off
Historia, Movementos sociais — 26 Setembro, 2013 at 6:45 a.m.

A homenaxe nacional ás vítimas do franquismo será en Montecubeiro

by

 

A Iniciativa Galega pola Memoria escolleu Montecubeiro,parroquia de Castroverde (Lugo), para celebrar o Acto Nacional en Desagravio ás Vítimas do Franquismo que terá lugar o próximo día 13 de outubro ás 12.30. 

O ex-director da UNESCO, o catalán Federico Mayor Zaragoza ,asistirá ao acto. A aldea de Montecubeiro, a carón de Baralla  converteuse nun non-lugar despois do golpe militar de 1936. A vileza alí practicada tornouno un episodio da historial mundial da infamia.

En Montecubeiro, a carón de Baralla , formárase  unha Unión de Labregos  en defensa do prezo dos produtos do agro e un grupo de teatro  alentado polo mestre da escola. Cóntao Xosé Manuel Sarille en  “Polos fillos dos fillos”.  Foron decenas os fusilados: o mestre republicano Arximiro Rico Trabada; Manuela Graña que foi obrigada a “confesar sus pecados”  na igrexa pois falaba nas asembleas (a igrexa galega -agás contadas excepcións- vai ter mais unha vez o  infame papel da delación); Manuel López López por ser dirixente da Unión de Labregos e a Carmen Sarille, tia de Xosé Manuel Sarille, por ser irmá Bonifacio Sarille da Unión de Labregos.  “Tantos pecados só se podían lavar co sangue na mentalidade dos fascistas”. Lembrábao moi ben Daniel Veiga– fillo dun dos fusilados- na reseña do libro de Sarille publicada en  Rebelion.org hai dez anos: “votaban aos partidos republicanos e tiñan un mestre librepensador que formara un grupo de teatro e iluminou intelectualmente ás novas xeracións  de labregos coa súa escola na veciña parroquia de San Bernabé”. En Cedeira e en centos de aldeas galegas poderiamos contar un relato semellante .

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off