Homenaxe a Manuel María no Teatro Colón
Lúas de Outono, celébrase o vindeiro xoves cun completo programa audiovisual que contará coa presenza de Pilocha, María Manuela e Uxia na música, na maxia Martín Camiña e presentaranse o audiovisual Andei todos os camiños e mais o DVD Danza do poema emocionado de Pixel Films. Xurxo Souto actuará como mestre de ceremonias da homenaxe, que será de entrada libre.

















