Somos Cedeira vén de reclamar un novo trazado acorde cos tempos. “Qué fixemos para merecer isto, se seguen a inaugurar auténticos viais faraónicos de moi dubidosa rendabilidade”, pregúntanse os membros da plataforma cívica.
Após publicación da posta en servizo do terceiro tramo da chamada “Vía Ártabra” na comarca da Coruña, Somos Cedeira vén de expor que ese trazado novo é altamente falibel xa que une a Nacional VI, unha presa de quilómetros antes de chegar á Coruña, con Lorbé, ficando ben lonxe das contornas turísticas de Mera ou Santa Cruz. Mesmo doutras vilas de maior tráfico e movemento comercial como Sada – malia o novo trazado , os sadenses élles máis azoso seguir utilizando o roteiro habitual tanto para iren á Coruña como para calquera outro destino. Somos Cedeira avisa que estamos perante “un novo fiasco, como aconteceu coa variante de Ortigueira, que segundo publicaba recentemente a Voz de Galicia, edición Ferrol, apenas usa ninguén”
Para substanciar a súa petición, Somos Cedeira lembra que “a Xunta segue a gastar en estradas que non garanten en ningún caso a rendibilidade do trazado fundamentada no seu uso posterior, outras estradas, non máis complicadas que éstas, ainda que con intensidade de tráfico menor. Salienta a plataforma que a seguridade vial foi “esquencida” precisándose “un novo trazado da estrada de Cedeira a Ferrol, enlazando asimesmo coas vías de alta capacidade, autovías e autoestrada”.
O movimento cívico cedeirés expón algúns casos que exemplifican o fiasco das intervencións da Xunta, alicerzadas moitas delas, como é o caso evidente da Via Ártabra, nun espellismo que lonxe de alixeirar o tráfego urbano en Oleiros ” concéntrase na temporada estival nas praias que van de Mera a Santa Cristina”. Velaí tamén a estrada de Ortigueira ( 1 millóns de vehículos, dicían) cando mesmo no verán o seu uso é escaso e non sirve para vertebrar a comarca:
-Vía Ártabra:
Custe 71 millóns de euros.
Lonxitude total: 11 kilómetros
Custe por kilómetro: 6,45 millóns de euros.
– Variante de Ortigueira:
Custe 48,08 millóns de euros.
Lonxitude total: 8,4 kilómetros
Custe por kilómetro: 5,72 millóns de euros.
Alguns veciños de Mera chegaron a dicir que era tirar os cartos.
-“Reparación” da estrada de Cedeira até Valdoviño:
Custe : ,65 millóns de euros.
Lonxitude total: 15 kilómetros
Custe por kilómetro: 0´04 millóns de euros.

Somos Cedeira explica que ao tratarse dunha plataforma local e evitar así un nesgo selectivo, tira dos números para reforzar a súa denuncia con maior obxectividade. Así na “repararación” da estrada de Cedeira seica se investiron 74 veces menos que o investido até o de agora en Ortigueira, e 119 menos que na chamada vía Ártabra, que conecta a Nacional VI co mini porto de Lorbé, quedando lonxe dos demáis núcleos urbanos.
Que facer?
Todo menos agocharche e dar grazas polas faragullas. Investir 0,65 millóns para parchear a estrada de Cedeira a Ferrol só servira para adiar o problema. Para Somos Cedeira escudarse, mais unha vez, na crise a costa de adiar e perder posicionamento competitivo para cando se saia dela é un uso e abuso da cidadanía, unha aldraxe en toda regra se temos en conta a actual recesión socioeconómica, e o que é máis grave, coa falta dun trazado alternativo estase a xogar coa seguranza viaria, coa integridade física das persoas.

















